PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021



RESOLUCIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL E DE SANIDADE POLA QUE SE APROBA O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 PARA O INICIO DO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE LECTIVA NO CURSO ACADÉMICO 2020/2021 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA. 

                                                                 


Descargar o documento pulsando na imaxen


O presente protocolo ten por obxecto crear contornas escolares saudables e seguras mediante o establecemento das medidas preventivas, colectivas e individuais, que deben adoptarse no inicio do desenvolvemento do curso escolar 2020/2021, tanto polo persoal docente e non docente como polo alumnado e as súas familias, co obxectivo de protexer e previr no máximo posible o risco de contaxio por COVID-19. Inclúe as medidas de detección precoz dos casos e a súa xestión axeitada. O documento é de aplicación aos centros públicos de ensino non universitario e, adaptado ás súas peculiaridades, aos centros privados concertados que imparten ensinanzas non universitarias. 
 
 O conxunto de medidas incluídas no presente protocolo foron examinadas polas autoridades sanitarias autonómicas, porén son obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. Estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren. 


PLAN DE REACTIVACIÓN NO ÁMBITO INFANTO 
XUVENIL EN RELACIÓN COA INFECCIÓN POLO 
VIRUS SARS - COV2


LIÑAS DE ACTUACIÓN NO ÁMBITO EDUCATIVO

 Vixilancia da infección polo SARS-CoV-2

 Prevención da infección polo SARS-CoV-2

 Control da infección polo SARS-CoV-2


ESTABLECEMENTO DAS FASES DA REACTIVACIÓN NO ÁMBITO EDUCATIVO

 Fase 1 (Adecuación dos espazos) 

 Fase 2 (Formación de pequenos grupos)
 
 Fase 3 (Reforzo das medidas aprendidas en pequenos grupos) 
 
 Fase 4 (Fase de reactivación) 

                                     

Descargar o documento pulsando na imaxen
























































Comentarios

Entradas populares de este blog

RESUMEN RECOMENDACIONES LAVADO DE MANOS

¿QUÉ SABEMOS DE LA VIRUELA SÍMICA ?