VIXILANCIA E CONTROL DO SARS-CoV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA



MEDIDAS XERAIS DE PREVENCIÓN DA COVID-19: 

◦ Usar de forma constante a máscara.

 ◦ Manter a distancia de seguridade con outras persoas (preferiblemente 2 metros). 

◦ Reducir as interaccións sociais con outras persoas, especialmente con aquelas máis vulnerables. 

◦ Lavar as mans con frecuencia. 

◦ Ventilar ben os espazos cerrados.






MANEXO DE CASOS SOSPEITOSOS

Neste documento defínese ao caso sospeitoso como a persoa con clínica compatible ou con resultadpositivo nun test de autodiagnóstico. Mentres non se descarte o diagnóstico da COVID-19, toda persoa considerada caso sospeitoso debe seguir as “Recomendacións preventivas para un caso sospeitoso da COVID-19” (ver anexo 1) durante os 10 días posteriores á aparición de síntomas ou ao resultado positivo da proba de autodiagnóstico en caso de ser asintomático.






MANEXO DE CASOS CONFIRMADOS

Neste documento defínese caso confirmado como a persoa con PDIA positiva, con ou sen síntomas compatibles. Así mesmo, é importante recalcar que as persoa con resultado positivo nunha proba de autodiagnóstico NON se considerará caso confirmado. 
Todas as persoas identificadas coma caso confirmado, teñan ou non relación con ámbitos vulnerables, deberán seguir as “Recomendacións preventivas para un caso confirmado da COVID-19” , durante os 10 días posteriores á aparición de síntomas ou resultado positivo da proba en caso de ser asintomáticas. 




Comentarios

Entradas populares de este blog

¿QUÉ SABEMOS DE LA VIRUELA SÍMICA ?