OS BOLECHAS COMO PROTAGONISTAS DUNHA CAMPAÑA SOBRE A DIABETES INFANTIL

 


ANEDIA (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia)  fainos chegar  o departamento de enfermería do colexio , duas guías cos Bolechas como protagonistas dunha campaña sobre a diabetes infantil, e que distribuimos as etapas de infantil e primaria.
  

“Os Bolechas saben o que é a diabetes” 



“ Manuela e nova na escola .Medrando con diabetes”


  

Os Bolechas axudaránnos , a entender de xeito sinxelo  a Diabetes tipo I, en que consiste esta enfermidade, cales son os seus síntomas e que coidados require. 

Unha guía con formato de conto, con contidos e imaxes adaptadas ao público infantil, pero abarcando aspectos fundamentais, como a vida diaria, o tratamento, a nutrición e os hábitos saudables.  Tamén  qué poden facer as persoas que a sofren tomando só algunha precaución extra.

Damos as grazas a ANEDIA por facernos chegar exemplares de esta guia o noso colexio, e axudar a normalizar esta doenza que afecta a un gran número de persoas.


Pulsar sobre a imaxe para descargar o libro.



Comentarios

Entradas populares de este blog

RESUMEN RECOMENDACIONES LAVADO DE MANOS

¿QUÉ SABEMOS DE LA VIRUELA SÍMICA ?